Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ames / Santiago (comarca)
Parroquia: Piñeiro (San Mamede)
Lugar: A Anduriña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa está situada nunha chaira, a unha altitude 325 m., que forma parte da contorna do nacemento do río da Anduriña. Amosa a día de hoxe un túmulo de terra duns 30 metros de diámetro que se eleva do terreo da contorna 1,70 m. aprox. Ten cono de violación no seu centro duns 2 m. de diámetro e 1 m. de fondo. A carón da mámoa aparecen moitos anacos de seixo branco. Non ten restos visibles de esteos. Na visión lidar do terreo apréciase unha elevación exterior en forma de anel circular duns 50 m. Está formando parte dunha necrópole de 6 mámoas. No costado leste do túmulo estanse a facer sucos para a plantación de eucaliptos con maquinaria agrícola. A segunda imaxe e un lidar cedido por IGN e Xunta de Galicia, do visor do IET (Instituto Estudos do Territorio)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

No costado leste do túmulo estanse a facer grandes liñas de sucos con tractor para a plantación de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 42.9411089393
Lonxitude: -8.63064050674
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84