Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Siador (San Miguel)
Lugar: Cartimil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro a unha altitude de 568 m. e con croa lixeiramente ovalada cun antecastro polo lado leste. Presenta terraplén en todo o seu perímetro cunha caída máxima de 8 m. cara o sur, e parapetos defensivos nos sectores oeste e sur cunha altura máxima de 1,5 m. A entrada orixinal parece que está polo lado norte cunha rampla que baixa cara o oeste. Na zona noroeste hai un foxo que defende o castro. Paralelamente, e por fóra do antecastro, defínese unha defensa foxo-parapeto-foxo, cunha anchura de 25 metros e cun desenvolvemento de 90 m. As medidas do interior da súa croa serían no eixo norte-sur de 80 m. e no leste-oeste 70. Se temos en conta as estruturas exteriores sería duns 220 m. norte sur e 150 leste oeste. Foto da ficha, Daniel Gonzal Alén.
A imaxe secundaria da ficha é un LiDAR-PNOA cedido polo Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia, IET (Instituto estudos do Territorio)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36052045
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Web Catálogo PXOM Silleda, 2012
http://silleda.es/PXOM/SLL-AII04-09-CATALOGO/2917.pdf
Fichas Arqueolóxicas dos Castro de Silleda. Deputación de Pontevedra


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6721893298
Lonxitude: -8.23642015457
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84