Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois / Sar (comarca)
Parroquia: Rois (San Mamede)
Lugar: Cornes
Outra denominación do ben: Cruceiro de Cornes
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dun cruceiro de tipo de capela ou de Loreto. Na parroquia de San Mamede hai tres deste tipo. Atópase á beira dereita da estrada que vai de Urdilde a Rois; é nunha encrucillada, fora do núcleo de casas Cornes pero a moi pouca distancia.
Aséntase sobre unha base de plataforma cuadrangular e formada por unha grada de tres chanzos que observamos na parte frontal do cruceiro, posto que os laterais están tapados por o terreo e a vexetación.
Deste último chanzo e sen pedestal sae o fuste, que é monolítico e de forma cuadrangular no comezo e no final, no tramo central ten as arestas rebaixadas. Na parte central e frontal do fuste hai unha figura, un santo que viste hábito longo e semella ter cordón, semella tamén portar algo pero está moi deteriorada a figura, con probabilidade se trate de San Antonio ou San Francisco.
Sobre o fuste vemos un capitel sen adornos nin figuración salvo no frontal que ten unha cabeza de anxo alado.
Encima vai a capela que é a parte máis destacable deste cruceiro. O teito é abovedado, comezando con arco de medio punto e formando unha bóveda de canón, e no interior a representación dunha cabeza de anxo, de grande calidade escultórica. Na parede lateral interna esquerda ten gravada en baixo relevo unha virxe, moi erosionada e de trazo groxo é de pouca calidade escultórica. No exterior da capela non ten ningunha representación. No interior da capela ten unha virxe máis está figuración é relativamente actual, pois a orixinal desaparecerá. sobre a capela coroa a obra unha cruz lisa sen ningún tipo de motivo. Pero está tampouco é a cruz orixinal do cruceiro que desapareceu hai aproximadamente 30 anos. A orixinal tiña un cristo crucificado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-CRUCEIROS DE CAPELA I CONCELLO DE ROIS- CLODIO GÓNZALEZ
-Catálogo de Rois: CR-053 : http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA010.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.772268Lonxitude: -8.6918692
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84