Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobeira
Parroquia: Lobeira
Lugar: Facós
Outra denominación do ben: A casa do Outeiro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Casa que pertencia á avoa paterna do etnógrafo Xaquín Lorenzo Fernández ¨Xocas¨. Conta con dous andares e cun patio interior. Como elemento máis singular destaca a súa «ampla solaina orientada ó abrente, dende a que se divisa o monte sobre o que se ergue a capela da Nosa Señora do Viso, protexida con varanda de balaústres de madeira torneados, agás a da escaleira que é de ferro». Nela pasou longas tempadas Xaquín Lorenzo, especialmente os veráns, entrando en contacto coa cultura rural e surxindo o seu interese polo seu estudo. Así mesmo, pasou en Facós os derradeiros anos da súa vida, ata a súa morte acaecida en xullo do ano 1989.

Nesta casa, en 1933, residiu por breve tempo o investigador alemán, Hans-Karl Schneider, quen redixiu a súa tese de doutoramento sobre a variante do idioma galego-portugués falado no Val do Límia. Visitouna o cineasta Carlos Velo, grabando secuencias para o seu documental ¨Galicia¨ (1935), posteriormente refuxiariase nela fuxindo da represión franquista ó inicio da Guerra Civil.

No verán do ano 1940, Xaquín Lorenzo e o director Antonio Román, filmaran en Facós a curtametraxe etnográfica ¨El hombre y el carro¨.

Na actualidade, ano 2017, atópase nun pésimo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A casa atópase abandoada desde a morte de Xaquín Lorenzo acaecida no ano 1989. Desde esa data pertence a súa familia. Durante o Día das Letras Galegas do ano 2004, dedicado a Xaquín Lorenzo, falouse da súa rehabilitación para acoller un museo ou centro de estudos da bisbarra da Baixa Limia.


Referencias bibliográficas:

Clodio González Pérez: Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas» 1907-1989. Unha vida dedicada á Nosa Cultura. Editorial Toxosoutos, 2003.
Miguel Anxo Fernández: Carlos Velo. Cine e exilio. Editorial A nosa terra, 1996 (páx. 21)
Pepe Coira: “No verán de 1940” (http://www.biblosclube.com/capitulos/capitulo08.asp)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9765790047
Lonxitude: -8.04399579763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84