
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cervás (San Pedro)
Lugar: MonteFaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Batería situada en Montefaro que cubría a entradas as rías de Ares e Betanzos. Ten unha disposición semellante a outras (Fonte Seca e Bailadora) situadas no entorno con plataformas de tiro situadas sobre as polveiras e un construción central para acubillo dos artilleiros e dos proxectís.
Hoxe en día, a entrada está prohibida por ser empregada como instalación de repetidores de telecomunicacións.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1898 remátanse a construción de tres baterías (Fuente Seca, Bailadora e Faro) no alto de Montefaro capaces de facer fronte a ameaza dos modernos acoirazados inda que polo de pronto so estaría artillada no ano de 1900 a batería de Bailadora con catro canóns Ordoñez de 24cm. O artillado das tres baterías non estarían completado ata o ano 1914.
A mediados dos anos 80 foron desafectadas polo exercito quedando as instalacións abandonadas e sen vixilancia. Nembargantes, esta batería foi está a ser reutilizada a día de hoxe como base de repetidores de telecomunicacións.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.448732436Lonxitude: -8.28581395382
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Raúl says:
Abr 24, 2021
En realidade a batería está fóra da zona pechada coa cerca que aparece na fotografía. Por un camiño á esquerda da entrada se rodea a zona pechada e se chega as instalacións, onde é posible percorrer tanto as galerías inferiores onde se gardaba a munición como a planta superior onde antigamente se atopaban as pezas de artillería.