Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: A Insua (Santa Mariña)
Lugar: A Insua
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Érguese este cruceiro diante da casa que pertenceu a Cándido Gonzáles Lopo que foi quen de arranxalo, engadíndolle tamén unhas figuras mercadas en Portugal, comenta un veciño.
Do primitivo cruceiro queda a plataforma, base, columna e capitel.
Na base, cúbica, nunha das caras laterais unha fornela cun San Antonio. Foi antigo peto de ánimas.
Noutra, tapiando outra fornela cunha lápida figura o seguinte: ESTA CRUZ FOI RESTAURADA EN EL AÑO DE 1978 POR CANDIDO GONZALEZ LOPO EN HOMENAJE POSTUMO A SUS ANTEPASADOS Y A TODOS LOS VECINOS DE LA INSUA.
Pousada na base, outra efixie estende a súa man pedindo esmola: “DIOS SE LO PAGUE”.
Na columna, pegadas ela, atopamos tres figuras, San Pedro con chave e libro, Santa Lucía coa palma e prato cos ollos, e Virxe do Carme co Neno escapularios e coroa.
Detrás da columna unha cruz de ferro coa representación da Asunción e nunha baldosa “Nuestra Señora de la Esperanza-Macarena”.
No capitel, follas de acanto, esvástica de nove brazos, flor de cinco pétalos, trevo de catro follas e outros motivos decorativos.
Na cruz, ao lado do Cristo atópanse as figuras da Virxe e San Xoán. No reverso unha Piedade sobre peaña enriba da cabeza dun anxo con ás.
Recordan os veciños a antiga cruz, cilíndrica e lisa e unha varanda anterior que romperon. Estivo moitos anos sen ela, ata que Cándido González colocou a actual de ferro, os santos do varal e a lápida da base.
Anteriormente tiña un baldaquino de madeira tallada onde se colocaba a Virxe nun altar polas festas das Dores. Foi substituído por outro de aluminio cuberto cun plástico ríxido verde. Na actualidade ten unhas cadeas de ferro, catro pequenas columnas, e testos para flores na contorna del.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa, MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes: “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas”. Pontevedra, Concello de Ponte Caldelas, 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3634194475
Lonxitude: -8.53014349937
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84