
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Goiáns (San Sadurniño)
Lugar: Portosín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
O seu groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, da paso a unha capela con base moldurada e cuberta a catro augas. O interior presenta bóveda nervada.
O conxunto remata nunha cruz cos brazos rebaixados e remates florenzados. No anverso aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI; no reverso vemos a Piedade co Neno no colo.
No pasado, a capeliña contiña unha imaxe da Purísima en oración, que conservaba restos de policromía.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011238
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Antigamente este cruceiro recibía o nome de cruceiro da Virxe dos Piollos, pois no lugar existía unha fonte onde as mulleres acudían a peitearse.
Fai anos, cando se celebraba a festa da Divina Pastora, acostumábase a levar aos nenos da Primeira Comuñón coa procesión ata este cruceiro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca002.PDF (Ficha E_045 – Páxina 45)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150710302.html
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis.”Cruceiros na provincia da Coruña”. DIPUTACION PROVINCIAL A CORUÑA. 1999
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
PORTO DO SON. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMPortoDoSon.html)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7575640805Lonxitude: -8.94768455971
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84