
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Barro (Santa Cristina)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVIII feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina dunha soa nave e con cabeceira cadrada. A igrexa posúe cuberta a dúas e tres augas.
A capela maior atópase na cabeceira e, xunto a ela no muro Norte, a sancristía (de planta rectangular) á que se accede dende o presbiterio.
A fachada principal posúe porta alintelada, unha fornela coa imaxe de Santo Antonio de Padua, unha ventá rectangular con vidreira, e un escudo heráldico.
O conxunto remata con dous pináculos de bóla nos extremos da cornixa, e unha torre campanario de planta rectangular dividida en dous corpos, todos eles con balaustrada metálica.
O corpo superior posúe cúpula sobre tambor e cruz pétrea de remate.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000009434
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa podemos ver un retablo do século XVIII que, no ano 1866, se trouxo dunha ermida situada nun dos montes da contorna.
O retablo posúe restos da antiga policromía e nel podemos ver imaxes dos evanxelistas, e as escenas da Paixón de Cristo e do martirio de San Amaro (patrón da antiga ermida), a adoración dos fieis e o seu traslado a Venecia.
O escudo heráldico que vemos na fachada principal da igrexa nos fala do pasado desta igrexa, xa que antigamente era unha capela particular fundada polo cóengo da Catedral de Santiago, Antonio de Castro Romero, quen a doou posteriormente ao Arcebispado de Santiago en 1847. No ano 1849 convértese en igrexa parroquial.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf (Ficha 1.3 – Páxina 39)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/santa-cristina-de-barro.html
http://www.sanmartindenoia.org/parroquias/santa-cristina-de-barro
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7958426827Lonxitude: -8.88463214043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84