Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Vilaselán(Santa María)
Lugar: Casas de Abaixo, As
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O Faro atópase na illa que lle da nome, situada na marxe occidental da Ría de Ribadeo , franqueándoa polo noroeste. Licitadas as obras o 31 de maio de 1837 cun presuposto de 47.513,83 reais, inícianse os traballos dun edificio de planta cadrada de 127,68 metros cadrados de superficie, erguéndose no seu centro unha torre tamén cadrada de 3,5 m. de lado e 6,75 de altura m. de altura, rematado por unha cornixa. No alto tiña un balconciño de ferro forxado que soportaba o foco a 8,8 m. sobre o chan. En 1980 construíuse un novo faro de máis alcance situado nas inmediacións. Érguese sobre unha torre cilíndrica de formigón de 3 m. de diámetro e 12,70 m. de altura, de tipoloxía normalizada, pintada de cor branca con dúas franxas negras. Con el pasouse a unha característica de 3 + 1 lampexo e un alcance nominal de 21 millas náuticas. Entrou en servizo, definitivamente o 1 de outubro de 1983. Comunícase con terra por unha ponte de formigón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.556300446039145
Lonxitude: -7.041817903518677
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84