Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: As Cavadiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Croa cunha elevación de máis de 20 metros sobre as chairas circundantes. Eixo maior norte-sur de 166 metros e eixo menor este-oeste de 78 metros, un parapeto de terra rodea o espazo interior de 0.04 hectáreas. Sobre este parapeto érguese un muro de cachotería que pensamos é máis recente. No terzo inferior, o terreo cae en lixeira pendente dende a metade cara ao leste. Cuberta de terra, inda que na outra metade, hai moita cachotería espallada polo chan. O terzo meridional está cuberto de abundante cachotería de tamaño regular inda que cara ao noroeste hai un afloramento de pedra con visos de actividade canteira e mesmo atopamos unha coviña illada duns 10cm de ancho. No terzo norte non atopamos cachotería polo chairo asi como varias pedrafitas sobre o parapeto perimetral, presumiblemente modernas. Cara ao noroeste desta sección hai un gran afloramento de pedra. No punto máis alto atopamos unha rocha con cinco coviñas. Na parte oeste deste punto vemos actividade de extracción de pedra e mesmo vemos a marca dunha cuña para romper a pedra. Vense derrubamentos de grandes bloques sobre o nivel inferior.
No exterior da croa vemos un foxo e precedido dun parapeto ao norte. No noroeste hai unha rampla que sube cara ao extremo máis norte da croa inda que non chega á altura da mesma. No sur-este hai unha pendente que cae dende o alto da croa directamente sobre o regueiro de San Vicenzo cunha caída de máis de 50 metros. No sur hai un foxo de pouca profundidade precedido dun parapeto de terra. Cara ao oeste temos un amplo aterrazamento de superficie irregular. Hai abundante cachotería procedente dun derrube a nivel de superficie na pendente da croa. Máis cara ao oeste hai unha explanada empregada en época moderna como terreos de cultivo que cae en pendente cara ao regueiro de Guteras.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Planeamento urbanístico do Concello de Pontecaldelas. BOP 1993-04-06. Páx. 0078. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECALDELAS/documents/0869ME003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3893112869
Lonxitude: -8.53294014953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84