
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: As Cavadiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado no punto máis alto do castro do Coto da Cidade. O punto máis ao norte da croa está dominado por un afloramento rochoso plano. Nel hai varias rochas e na máis elevada atópase un conxunto de cinco coviñas de distinto tamaño e profundidade, non menos de 10 cm de diámetro. Dúas delas están aliñadas nunha fenda natural da rocha, de certo que teñen orixe na erosión natural, pero foron retocadas para darlles máis profundade e un perfil máis homoxéneo. Por enriba delas hai unha terceira de profundidade media con non máis de 2 cm de profundidade. E finalmente, na parte máis alta desta rocha outras dúas case imperceptibles, perfectamente circulares unha a carón doutra apenas teñen profundidade, un par de milímetros quizais, con fondo plano.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A pesar do incendio da zona, a rocha non semella ter danos, á parte do enegrecemento evidente.
Onde está localizado
Latitude: 42.390111485Lonxitude: -8.53299647575
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84