Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilar de Barrio
Parroquia: Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)
Lugar: Vilar de Barrio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular e pequenos ensanches en cruz no centro tendo o presbiterio máis elevado, con muros de sillería. Na fachada, porta alintelada enmarcada en baqueta acodada nos ángulos. Sobre ela, fornela con imaxe do santo e rematada en pequeno frontón decorado con molduras.
Nos esquinais, pilastras lisas con remates caliciformes e pináculos. Sobre o ático, espadana de dous arcos xemelgos con arquitrabes no terzo superior e remate en frontón triangular con van de arco, tendo dous pináculos nos laterais e coroamento en cruz de pedra sobre esfera.

De estilo popular do século XVIII con reformas do XX, a cuberta da nave a dúas augas de tella curva, sendo a tres nos ensanches en cruz. No lateral do lado sur ten pequena porta para o uso de diario e nos dous laterais ten pequenas ventás.

Ten o entorno axardinado e polo lado norte localízanse dous cruceiros, un mais traballado que o outro.
Esta feligresía estibo sometida ós dominios do Arcebispo de Valladolid que exercía xurisdición nas parroquias de Arnuide, Vilar de Barrio, Prado, Rebordechao y Riobó.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILARDEBARRIO/documents/26824CA011.pdf (Pax.2-3)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilarbarrio/node/111


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.160134
Lonxitude: -7.611515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84