
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVIII feita a base de perpiaño granítico, con nave de cruz latina con brazo transversal pouco desenvolvido. Posúe cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro augas. A sancristía aparece apegada a un dos laterais da capela maior.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso alintelada con molduras. Por riba dela unha fornela decorada con pilastras acanaladas e un friso no que aparece unha imaxe da Virxe. Na parte superior destaca unha xanela ovoide con derrame interno.
O conxunto remata nunha torre-campanario de tres corpos, o inferior con balaustrada, o central con catro machóns adornados con pilastras e molduras, e o superior, de planta octogonal, coroado por unha cúpula con pináculo de remate.
No interior da igrexa, a nave principal divídese en tres tramos con arcos de medio punto con cuberta de madeira. As capelas laterais cóbrense con bóvedas de canón.
A capela maior posúe bóveda de aresta.
Nesta igrexa a orientación é oposta á habitual: ábsida mirando ao oeste, e a porta principal ao leste.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior da igrexa consérvanse varios retablos, un deles de 1812 realizado polos discípulos do escultor José Ferreiro.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlace Web ao catálogo do PXOM de Noia
http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
(Ficha 1.1 – Páxina 37)
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/santa-maria-de-argalo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7656033656Lonxitude: -8.90079259872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84