
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
É o edificio máis antigo de Ribadeo, pero do período medieval só conserva a fachada aínda que foi reformada no século XX e suprimíuse o patín orixinal que deu nome á casa. Hoxe conta con dúas plantas, na que se poden ver as ventás e portas con linteis de cadeirado de granito e as paredes enfoscadas e pintadas de branco. A porta está debaixo dunha arcada, soportada por unhas proporcionadas columnas de pedra, a modo de soportal, que sosteñen na planta superior un balcón ou solaina. Na parte superior ten un gran beirado de madeira, acabado a modo de artesonado que lle da aspecto rexo, e que serve para arranque do tellado. Segundo informa o escudo, pertenceu á liñaxe dos Méndez Navia, de orixe local e enriquecida co comercio da madeira para a construción naval durante o século XVIII. Logo pasou aos Pardo Montenegro. Comparte patio coa Biblioteca Municipal que noutro tempo acolleu a Escola de Náutica e Comercio, creada en 1856
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.53802993394727Lonxitude: -7.0398518443107605
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 6, 2021
Detalle do escudo que podemos ver na fachada desta casa.