Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Liñaio (San Martiño)
Lugar: Liñaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A edificación albergou a primeira escola de indianos construída na comarca de Barcala, foi promovida polos emigrantes en Cuba, a través da Sociedade de Instrucción La Moderna de Barcala.
A construción é dunha soa planta e de forma rectangular. A cuberta é de tella a dúas augas. Está construído en cachotaría irregular, recebada e encalada. Os esquinais e os recercos dos vans son de cantería e teñen os linteis en arco na parte superior. Moi sinxelo decorativamente, conta cunha banda horizontal tamén de cantería que percorre toda a fachada principal e suliñar a existencia dun falso frontón triangular.
A escola foi inaugurada o 30 de novembro de 1919, polo que dentro de pouco cumprirá un século de existencia. Contaba nun principio cunha soa aula onde estudiaban os nenos da parroquia; en 1929, dividiuse cun tabique o espazo para habilitar outra aula para as alumnas. As clases eran gratuítas e os primeiros anos a sociedade promotora pagaba parte do material escolar.
Anos máis tarde finalizaríase a vivenda do mestre, que non estaba na mesma edificación, senón nun lugar distinto. Na actualidade o seu uso non é educativo, funciona como local veciñal e recentemente foi restaurada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.874997
Lonxitude: -8.788396
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84