Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Probaos (Santaia)
Lugar: Santaia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave cunha pequena sancristía apegada ó lateral sur. O espazo interior está cuberto cun armazón de madeira. O altar está separado da nave por medio dun arco apuntado. Destaca neste punto, na clave do arco, a cabeza dun carneiro, ademais dos capiteis onde descansa o arco. No exterior, os muros son de carga, están revestidos de cemento e pintados de branco agás os vans da porta e a espadana que manteñen a cantería á vista. A cuberta é a dúas augas, tamén no corpo da sancristía.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abocinada e, rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. A campá grande no lado dereito do ano 1864 feita por Palacio e Liste, e a pequena na esquerda, do ano 1788, non ten marca de fábrica. O segundo corpo un frontón triangular curvo cun oco no centro flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado por outro pináculo piramidal.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da coruña, 2001.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1692425943
Lonxitude: -8.24416637421
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84