
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: Ponte Nova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muiño de pequenas dimensións e unha única moa que se sitúa á beira dun regato afluínte do río Gaiola, o Cerdeiriño. É propiedade privada dun veciño da aldea próxima.
Os muíños son unha sabia combinación de arquitectura e tecnoloxía, unha edificación simple que acolle un complexo dispositivo mecánico accionado pala forza da auga. Está composto pala presa, que ten por obxecto captar a auga do rio; a gabada ou lavada, que conduce a auga da presa cara o muiño salvando o desnivel do terreo; a canle, que conduce a auga cara o rodicio, unha roda hidráulica con paletas curvas e eixo vertical que move a moa; e; edificación do muiño propiamente dita, un sinxelo edificio de planta rectangular e uns 12 mts de superficie, cuberto por un tellado a dúas augas constituído por paredes de cantería irregular nos que unicamente se practican dous vanos, o que permite o acceso e o que está destinado a introducir luz natural no interior do muiño. A meirande parte dos muíños da comarca da Rabeda pertencen á modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga que, procedente da gabada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de maneira tanxencial.
Na parte inferior da canle accionase unha peza especial de madeira ou granito, segundo o caso, onde se practica un burato que se abre e obtura dende o interior (o billote ou bofetón) que fará saír á auga coa forza necesaria para mover o rodicio coa forza desexada.
Este de Baamonde, era de unha única moa e atópase en mal estado de conservación, manténdose unicamente as paredes en pé, atopase entre as veigas que separan as aldeas de Pousada e Baamonde.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca004.pdf (Pax.-10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.252765Lonxitude: -7.770395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84