
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Dordaño (Santa María)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Recinto fortificado de forma ovalada situada a uns 373 metros sobre o nivel do mar. Posúe unhas medidas de 86 metros de N-S por 64 metros no eixo L-O, acadando unha superficie duns 4485 metros cadrados. Está cinguido por un parapeto que vai dende os dous metros podendo chegar ata os catro nalgunhas zonas. Este castro está cinguido por unhas terrazas cunhas medidas duns 30 metros no sector oeste, 75 polo sur, 65 metros polo leste e duns 65 metros no sector norte. Neste último sector vai un parapeto a modo de espolón con dirección norte que acada os 1´5 – 2 metros de altura. Pechando este sector norte, había outro parapeto de dimensións parecidas en altura aos outros, pero que as labouras agrícolas deixaron esnaquizada en dous ou tres anacos. Este sector semella como un pequeno antecastro e pola disposición das súas defensas protexían a entrada cara a croa. Na terraza leste sitúase a vivenda e demais pendellos dos actuais donos onde gardan os animais e trebellos para laboura agrícola. En total, este castro ten unhas medidas (croa e terrazas) de 179 metros de longo no eixo L-O por uns 235 metros no eixo N-S, acadando unha superficie total dunhas 3´16 Ha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1608122195Lonxitude: -8.23515236389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84