Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: O Covelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Vivenda de tipoloxía tradicional que se parapeta detrás dunha portada de acceso constituída por un lintel granítico situado a 2,7m. de altura aproximadamente. Enriba dela ten cuberta de protección, con estrutura de madeira e tella curva.
A portada da acceso a un patio, está formada por unha porta carral, feita en muro de perpiaño de granito, a cal ten un lintel con varias gravuras. Podemos ver a esquerda o debuxo de un Sol, tamén ten gravadas dúas escopetas apuntando cara o centro da lumieira, logo disponse o perfil de un paxaro ou ave. No centro do lintel aparece un cruceiro representado sobre a lenda “AÑO.DE.1865” decorada con varios sucos a modo de marco. Toda a gravura está feita con sucos de 1,5cm de ancho e 1cm de fondura, estes riscos foron repasados con pintura de cor negra.

A vivenda tradicional que sucede a esta entrada monumental, pertence a tipoloxía que Pedro de Llano definiu como vivendas tipo bloque, que teñen entre ela e a portada un patio que dá acceso a varias dependencias.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.248542
Lonxitude: -7.771435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84