Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Carres (San Vicente)
Lugar: Carres
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e un pequeno corpo lateral apegado que serve de sancristía. O altar e a nave estan separados por un arcavan. Os muros son de carga, feitos de cachotería revestida con cemento, agás nos esquinais, ocos e fachada con cantería á vista. A cuberta é a dúas augas, con entramado de madeira e cubrición de lousa.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco en forma de semicírculo que da luz o interior á altura do coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dpous corpos flanqueado por dous pináculos moi moldurados. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón con doble oco; o primeiro un arco de medio punto e o segundo, un círculo. Este frontón está flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural, san Vicente de Carres está situada nun contorno rural e o seu cemiterio aparece dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1860689538
Lonxitude: -8.24031986298
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84