
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Carpacentos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de maquía no regueiro Ambiela, de planta rectangular, de 8×5,5m, construción sinxela feita con muros de carga tradicional en cachotería de granito, tendo ocos alintelados. A cuberta a unha auga con estrutura en madeira e tella curva do pais.
Conta cunha canle de abastecemento onde se regula a entrada de auga, que discorre paralela ao camiño, feita con muros de pedra, atópase nun estado de conservación bastante deteriorado, pois os muros están derruídos nalgúns tramos.
Polo lado sur ten a porta de entrada, cara o camiño, protexida polo muro do cubo, o único oco para entrada de luz, sitúase xusto por enriba do aliviadoiro de auga do inferno cara o regato.
Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas que permanecen no seu aloxamento, pero xa desprovistas das caixas de madeira.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa. No final de este canle está a caída cara o rodicio, feito en cantearía de granito en sección rectangular, tendo 2,5m por 2m, con un burato interior cónico, polo que pasa a auga no seu descenso.
A meirande parte dos muíños de esta zona son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da pequena gabada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Situado ao pé dun camiño que baixa dende a aldea de Vilameá e atravesa por varios terreos ao Sur da aldea, nunha zona chaira á beira do río Ambiela, rodeado de especies arbóreas e terreos dedicados ao pasto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/AMBIA.pdf (Pax.5-6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.215596Lonxitude: -7.709814
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84