Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Confurco
Outra denominación do ben: Observatorio Meteorolóxico de Monte Ventoso, Vigía de Monte Ventoso, Estación Electro-semafórica de Monte Ventoso
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificio de dous pisos de planta poliédrica. Fábrica perpiaño de granito rematado nunha cuberta a varias augas, e un atrio de acceso con escaleiras pola parte sur.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
No século XIX fanse importantes avances en comunicación coa aparición da prensa, o correo postal e máis tarde o telégrafo. Pero inda así o comercio marítimo era a principal vía de achegada de novas dende outras partes do globo e nun principio dependía de que o barco parase no porto. Había un grande interese económico e militar en acelerar a comunicación entre os barcos e de non depender de que os mesmos se achegasen a porto polo que dispuxeron de atalaias e torres cunha vista dominante dende o mar para comunicarse nunha primeira etapa facendo sinais con bandeiras. Os avances tecnolóxicos fixeron que pronto este puntos estiveran dotados dun cableado para a comunicación telegráfica con outros puntos da xeografía, espallándose as novas con maior prontitude sen ter que depender do correo postal.
É por elo que en 1876 unha comisión mixta Marina-Telégrafos da os primeiros pasos para o establecemento dunha rede de electro-semáforos o longo da xeografía nacional seguindo o exemplo doutras nacións europeas. Este foi un servizo mixto militar-civil no que a Mariña dispuña dos emprazamentos e o Ministerio de Gobernación facía chegar a liña telegráfica, polo que a parte de sinais do semáforo tiña control militar e parte da liña telegráfica control civil.
En Galicia se estableceron finalmente tres electro-semáforos – inda que nun principio se plantexaran máis- en Estaca de Bares, Fisterra e Monte Ventoso que comezou a funcionar o 15 de outubro de 1881.
A finais do século XIX o sistema mellorase coa substitución das sinais con bandeiras por sinais de radio en código morse. Finalmente a chegada da radio acaba relegando el uso de la rede electro-semafórica.
Durante os anos se construiron tres posicións antiaéreas e dous postos de observación. Estes dous postos estaban comunicados entre si por tuneles subterraneos aos que se accedia por unha entrada situada máis lonxe da posición.
A partires de 1945, membros do exercito comezaron a realizar labores de observación meteorolóxica dende estas instalacións.
Nos anos oitenta do século XX, as instalacións militares nas que se atopa o semáforo de Monte Ventoso quedaron desafectadas caendo no abandono e na ruína. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.
Referencias bibliográficas:
Romeo López, José María “Las Comunicaciones marítimas con banderas, los semáforos en España”. V Congreso Internacional de Patrimonio e Historia de la Ingeniería: 14/04/2010 – 16/04/2010, Las Palmas de Gran Canaria. Páxina 11. En liña [Consultado o 27-11-2017]. Dispoñible en: http://oa.upm.es/9188/
Planeamento Urbanistico do Concello de Ferrol. “Bens Culturais. Fichas de Catalogación de Interés Cultural (C1-C19). Arquitectura militar” DOG 2001-03-09. Ficha C8. En liña [Consultado o 27-11-2017] Dispoñible en (páxina 8 do pdf):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA006.PDF
“As Paisaxes Fortificadas das Rías Altas” Mancomunidad de Ferrolterra, 2015. En liña [Consultado o 27-11-2017]. Dispoñible en:
http://turismoferrolterra.es/wp-content/uploads/2016/01/paisaxes.pdf
Bustabad, Lorena. “Ferrol paga 560.000 euros a Defensa para recupera un millón de metros” El Pais, 25-03-2015. En Liña [consultado o 27-11-2017] Dispoñible en: https://elpais.com/ccaa/2015/03/25/galicia/1427308915_510949.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4804170081Lonxitude: -8.31762939691
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Pablo Eirín says:
Dec 8, 2017
No catálogo do Planeamento urbanístico do concello de Ferrol figura erróneamente coma fortificación militar do século XVIII de forma conxunta cos postos de obervación e mando dos anos 20 e as baterías antiaéreas de principios dos anos 30.