
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Caldelas
Lugar: Caldelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este cruceiro é o primeiro das cruces que forman o Vía Crucis que remata na ermida do Sagrado Corazón (O Casteliño). Plataforma de dous banzos rodeada dun seto de buxo, enriba deles pedestal cúbico de 50 cm. cunha ancha moldura circular na cara superior. Figuran unhas letras non todas lexibles: MM/S ME, FECIT AN e unha data, pode ser 1692, non sendo seguro o 9.
Fuste cilíndrico estreitándose no seu remate.
Capitel composto, clásico, tallado no mesmo bloque co fuste.
Cruz nodosa con carteleira de INRI sobresaíndo polos lados.
Cristo, despegado da cruz, ten coroa con espiñas de ferro. Leva melena, cara con barba e boca entreaberta.
Os brazos están case en horizontal, rematan en mans pechadas. Cravos da mesma feitura ca dos pes.
Nótase que este cruceiro estivo policromado polo restos de pintura que aínda perduran.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS, Teresa Sánchez Cora e Mercedes Martínez Plasencia 1990.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.396974033Lonxitude: -8.50506350398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84