
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Caldelas
Lugar: Caldelas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Carece de plataforma. Pedestal monolítico de 44X72X60 cm.
Ten gravado o feito acontecido: ADEVOIO DMANUEL MOREIRAPO RHAVERSEMU ERTOAQUID UNRAOMARIA PACOS AN1844 nunha das caras, estando as outras desvastadas e sen pulir.
Columna grosa de sección cadrada cas aristas rebaixadas.
Sinxelo capitel separado da columna.
Cruz latina de sección cadrada, sobresaen do anel central polos brazos e testeiros.
Foi feito por Manuel Duque Moldes.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Feito o cruceiro por Manuel Duque Moldes, tio e padriño da defunta María Pazos.
Acta de defunción:
“En el Campo Santo de la Iglesia Parroquial de Santa Eulalia de Caldelas a tres de noviembre en 1844 se le dio sepultura al cadaver de María Pazos soltera de 24 años hija de Manuel Pazos y Manuela Martínez del lugar de Gradín. Asistieron a sus esequias funebres seis Sres. sacerdotes y se celebraron en sufragio 72 misas según disposición de su madre. No fue administrada mediante fue muerta en el Campo de Cuñas, cercano al Castelo Grande ayer 2, a las 10 de la mañana por una manga eléctrica, o sea rayo, mediando antes una detonación horrorosa que admiro, y como era pastora aquel día de ganados menores se hallaron tambien muertas 139 ovejas y cabras, y ni aun ella la ropa le quedo por ser abrasada. Fue vista por la 1ª Instancia y de su orden sepultada el día de hoy, lo que para constar lo firmo. Antonio Martínez.
Historia recente do ben:
O seu orixinal emprazamento estaba na Rabadeira, no Campo de Cuñas, monte detrás do Castelo Grande.
Foi levantado co gallo da morte de María Pazos. Unha forte treboada sorprendeuna no monte gardando o gando, e un raio deixouna morta.
A rareza do cruceiro tentou á xente que quixo roubalo en varias ocasións. Denunciados estes feitos polo gardamontes, o cura párroco D. Antonio Carballo Coto tomou a decisión de trasladalo, no ano 1979, a este lugar, fronte a casa reitoral.
E coñecido polo CRUCEIRO DA ROSCA debido á coroa que cingue os brazos da cruz. Castelao no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”, fala deste tipo de cruces, dándolles un significado funerario.
Referencias bibliográficas:
CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS, Teresa Sánchez Cora e Mercedes Martínez Plasencia 1990.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3972602561Lonxitude: -8.50549936295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84