Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Doniños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Batería secundaria destinada a evitar un desembarco de tropas na praia de Doniños que logo puideran atacar dende terra e polas costas a principais defensas que protexían o acceso ao arsenal de Ferrol.
Tratase dun muro de cantería de granito de planta cadrada e esquinas redondeadas na fronte do outeiro en Doniños, sobre o que se levanta a plataforma con troneiras para os canóns. A día de hoxe a parte superior do muro onde irían a troneiras está parcialmente derrubada e a explanada cuberta de maleza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O longo do século XVIII o arsenal de Ferrol adquire unha gran importancia polo que se establecen diferentes fortificación fortemente artilladas para guarnecer o acceso dende a ría. Elo non impedía que tropas inglesas puideran desembarcar nun fondeadoiro e atacar dende terra estas fortificacións ou o mesmo arsenal. Polo cal tamén se establece una ha rede que destinada a impedir desembarcos nas proximidades. En 1746 habíanse preparado varias baterías terreras sobre os vieiros de Doniños a Cariño, chegando a consolidarse temporalmente hasta tres.

En 1794 se constrúe e fortifica a batería de Nuestra Señora del Carmen no Outeiro de Doniños, armada con oito canóns. Tamén se planificou a construción de outras dúas baterías nos recodos inda que estas nunca se farían realidade.

Desafortunadamente esta batería non puido impedir o desembarco de tropas inglesas en 1800 trala cal quedou definitivamente no abandono.


Referencias bibliográficas:

Rodríguez-Villasante Prieto, Juan Antonio e varios. “Patrimonio Histórico del Ferrol de la Ilustración. Navegando entre castillos…Informe de la base de datos sobre la zona de Las defensas Costeras” Consellería de Cultura e Turismo, 2008. Páxina 24. En liña [consultado o 27-11-2017]. Dispoñible en:
https://www.ferrol.es/patrimoniomundial/pdf/pubs_propias/Defensas%20costeras2011.pdf

Planeamento Urbanistico do Concello de Ferrol. “Bens Culturais. Fichas de Catalogación de Interés Cultural (C1-C19). Arquitectura militar” DOG 2001-03-09. Ficha C10. En liña [Consultado o 27-11-2017] Dispoñible en (páxina 8 do pdf):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA006.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Muro parcialmente derrubado e explanada cuberta de maleza baixo a cal se sospeita algún tipo de estructura ou alicerces dalgún edificio derruido.


Onde está localizado

Latitude: 43.4966173461
Lonxitude: -8.31654310226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84