Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Pieiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Batería antiaérea que consta dunha plataforma rectangular onde ían anclados catro canóns Vickers 10,5 cm, lixeiramente baixo a cota de terra. Rodeada por un muro de contención con nichos para gardar e protexer a munición a empregar. En Ámbolos extremos da plataforma atopasen dúas cámaras baixo a cota de terra, destinadas a polvoreira e almacén, as que se accedían por ramplas por ambas beiras a carón do muro de contención. Detrás da plataforma hai dúas cámaras de baixa altura destinada a almacenamento dos casquillos da munición.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

En 1926, durante a ditadura de Primo de Ribera, desenvolveuse un plan para modernizar a defensa costeira do arsenal de Ferrol. Dito plan contemplaba como novidade, e un avance tecnolóxico para a época, a construción de baterías antiaéreas que puideran defender as posicións artilladas de ataques aéreos. Podemos atopar baterías deste tipo a carón das posicións onde se atopaban os grandes canóns (San Pedro, Montefaro, Monteventoxo, Cabo Prior e Campelo). Nembargantes a carreira bélica do período de entre guerras e os avances en aviación pronto fixeron que estas instalacións quedaran obsoletas. A súa profusión de superficies planas e ángulos rectos facíanas difíciles de ocultar. Tamén conta o feito de que os catro canóns estiveran tan preto entre eles polo que un disparo afortunado podería facilmente inutilizar os catro canóns deixando o resto da posicións desprotexidas.
É por iso, que nos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial acometeuse a construción de novas baterías onde os canóns quedaban alonxados entre si e unidos por túneles subterráneos.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O lugar está abandonado e está a ser colonizado pola vexetación.


Onde está localizado

Latitude: 43.476188106
Lonxitude: -8.32050204277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84