
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira
Parroquia: Esteiro (San Fiz)
Lugar: San Fiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Este cruceiro, realizado enteiramente en toelo (pedra serpentina), é un exemplar típico da chamada Escola de Moeche.
Sustentado, a medias, sobre o muro do atrio parroquial e unha plataforma de dous chanzos, atópase un pedestal trocopiramidal de caras curvadas e rematado cunha moldura de toro. Sobre un varal de sección octogonal, que empeza e remata en cadrada, hai un capitel de estilo xónico, con pequenas volutas nas esquinas e cabezas aladas de querubíns nas caras. A cruz, de nodosos paus cilíndricos rematados a bisel, sostén as figuras de canon curto dun Xesús claramente separado do madeiro e dunha orante e hierática Virxe da Soidade, de menor tamaño e asentada sobre unha peaña.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003392
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo reza a inscrición que ocupa dúas caras da base, o cruceiro levantouse en 1.902 (“SE HIZO A LA DE / VOCION DE 6 DEVO / TOS JUAN REY / ANDRES GONZALEZ / JUAN LOUREIROS // ANTONIO LOPEZ / JOSE BEREIJO / ANTONIO REY / AÑO DE 1902”), sendo realizado no taller do canteiro de Moeche, Antonio Rodríguez, O Quinto.
Referencias bibliográficas:
BURGOA, J.J..Cruceros y cruces de Ferrolterra. Edicións Embora. 2001
BURGOA, J.J.. Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación. Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo L, Fascículo 116, Santiago 2003.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6402418301Lonxitude: -8.04231539369
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2025
Engado a seguinte referenica web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150220301.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html