Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Confurco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Tratase dun area de acuartelamento soterrada no vieiro que sube ao semáforo de Monte Ventoso. Consta dun corredor central con cámaras a ámbalas dúas beiras destinadas a albergar aseos, dormitorios e grupos electróxenos. Un corredor estreito rodeas estas cámaras separándoas do muro de contención do terreo circundante. Ao remate do corredor central atopamos a entrada a un túnel subterráneo escavado na rocha. Estendese en liña recta ao longo de 100 metros rematar perpendicularmente a outro túnel. Ambos extremos rematan nun pozo que sube, non menos de seis metros, a un posto de observación no extremo da esquerda, e a un posto de mando con batería antiaérea no extremo dereito. Ambos postos se atopan nas inmediacións do semáforo de monte Ventoso.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Lugar abandona cheo de refugallos. Non hai ningún impedimento para o acceso ao tunel onde podemos ver pequenos derrumbamentos. Sitio perigoso.


Onde está localizado

Latitude: 43.47935554
Lonxitude: -8.31636071205
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84