Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: O Confurco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación subterránea cun corredor principal cuns escaleiras de acceso dende a superficie nun estremo e o acceso ao emprazamento dun canon no outro estremo. Nun lateral do corredor hai unha porta de acceso a unha cámara subterránea onde se guarnecía a munición. A fábrica é cemento e vigas de metal, estando cuberta de cachotería de granito nas áreas visibles.
Está batería atópase ao sur do semáforo de monte Ventoso, a caron dun posto de observación.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1926, durante a ditadura de Primo de Ribera, desenvolveuse un plan para modernizar a defensa costeira do arsenal de Ferrol. Dito plan contemplaba como novidade a construción de baterías antiaéreas que puideran defender as posicións artilladas de ataques aéreos. Nembargantes a súa profusión de superficies planas e ángulos rectos facíanas difíciles de ocultar. Tamén conta o feito de que os catro canóns estiveran tan preto entre eles polo que un disparo afortunado podería facilmente inutilizar os catro canóns deixando o resto da posicións desprotexidas polo que este tipo de bateria pronto quedaron obsoletas.
É por iso, que nos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial acometeuse a construción de novas baterías onde os canóns quedaban alonxados entre si e as suas dependencias quedaban ocultas baixo terra.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Emprazamento abandonado e parcialmente cuberto pola maleza.
Onde está localizado
Latitude: 43.4796557947Lonxitude: -8.31815242767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84