Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago de)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Antiga fábrica de salgazón composta pola nave que ten pegada unha pequena horta cercada con acceso dende a parte interior e exterior, contando tamén cunha rampla na praia que facía de porto de desembarque para os barcos. O edificio é de planta rectangular e un só andar, albergando un patio descuberto no medio. Os muros son de cachotería e a entrada está situada nun dos laterais máis curtos. O lado que da ao mar ten varias xanelas e ao igual que o resto do edificio cúbrese con armazón de madeira e tella do país a dúas augas. Foi edificada polo coñecido fomentador catalán Abelardo Romaní para usos de almacén, aínda que rapidamente pasa a converterse nunha fabrica de salgazón e posteriormente, durante a Primeira Guerra Mundial, funciona como estaleiro onde se botan dous pali-botes para o tamén industrial catalán Enrique Goday.
Pecha a mediados dos anos 50 e nas décadas posteriores é vendido ao seu actual dono que o restaura para uso hostaleiro, sendo a día de hoxe un restaurante.É respectouse a súa estrutura orixinal así como aos píos, sendo o único elemento cambiado a rampla na praia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA013.pdf
pax. 2
Inventario do Patrimonio Marítimo no Ámbito das
Confraríass de Pescadores de Muros, Lira, O Pindo, Fisterra e Laxe


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7584172706
Lonxitude: -9.07595694065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84