Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Guláns (San Xulián)
Lugar: Santa Baia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela reconstruída recentemente feita en cachotería granítica encintada con morteiro, de planta rectangular con cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver un pequeno pórtico apoiado sobre pilastras de pedra. O aceso realízase por medio dunha porta lintelada.

Existe documentación do século XVII que fala desta capela. Estes documentos son dous escritos pontificios do Papa Alexandro VII datados en Roma o 30 de setembro de 1665.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Algunhas persoas maiores aínda recordan as procesións que se realizaban o Xoves Santo dende a igrexa parroquial ata esta capela.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.pxomponteareas.org/p-o-x-m/ (Ficha 12.01.10)
http://galicia.swred.com/gulans_santa_olaia.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.154571476
Lonxitude: -8.54438334703
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84