
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Chan de Rañalonga ( cruce do camiños das Brañas da Ferreira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Esta mámoa forma parte da necrópole de Rañalonda, composto por 26 túmulos. Foi descrita co nome “mámoa do camiño das Brañas da Ferreira” no traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo do ano 2009 sobre este grupo de enterramentos neolíticos en terreos dos concellos de Brión e Ames. Ten uns 19 metros de diámetro e elévase 1.60 m. Presenta cono de profanación de 6 metros de ancho con maleza e moitos pés de eucalipto medrándolle dentro. Tamén se poden observar restos de coiraza.Segundo lemos no estudo feito para esta mámoa, o microtopónimo Brañas da Ferreira era para nomear un lugar con pequenas lagoas e xuncos que comeza a 50 metros do cruce cara o leste. A día de hoxe coa plantación de eucaliptos xa non existen. Segundo contaban algúns veciños aquela paraxe era pouco arborada e chea de auga. A palabra “ferreira” debía corresponderse coa cor da auga de óxico de ferro que sae nesta zona.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15013014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga.
Alumnos 1º Curso da E.S.O. Proxecto interdisciplanar I.E.S.Castelao-Vigo (2009) ISBN 978-84-9812-106-3
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 50 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.866513762Lonxitude: -8.70555996895
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84