
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Paraxe do Francés / Agro da Indiana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A necrópole do Chan de Rañalonga está formada por alomenos 26 enterramentos neolíticos. Esta mámoa forma parte dun grupo de 7 da súa zona sur, das cales 3 delas non están a día de hoxe perceptibles no terreo. Esta mámoa está no monte chamado Agro da Indiana, formando unha ringleira, nunha distancia de 100 m con outras dúas e con aliñación norte-sur. Sería este túmulo o situado do medio e estaría na mesma propiedade “da Indiana” que a chamada Agro da Indiana 1. A carón do valado, xa forá desta finca e sendo a última da ringleira cara ao norte estaría “A mámoa de fóra do Agro da Indiana”.
Foi descrita con este nome no traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo do ano 2009, sobre este grupo de enterramentos neolíticos en terreos dos concellos de Brión e Ames. Ten uns 17 m de diámetro e o seu túmulo elévase 1.50 m. da contorna. Presenta cono de profanación de 5,5 m. de ancho con maleza e moitos eucaliptos medrándolle dentro. A día de hoxe non se aprecia resto de coiraza e o Camiño Francés corta á mámoa polo costado leste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA150013007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Francisco Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 33 do pdf http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/22239pl101.jpg Sinalada co num. 7
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8605695774Lonxitude: -8.70911121368
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




