
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cedeira / Ferrol (comarca)
Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)
Lugar: Corveiro
Outra denominación do ben: Cruceiro do Corveiro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro con dúas partes moi diferenciadas, por un lado baseamento e pedestal, feitos en granito (1968), e por outro, o resto da obra, feita en toelo (1746).
Sobre un amplo baseamento de tres chanzos (o último con inscrición), aséntase un pedestal mixto: prismático e tronco piramidal de caras curvadas.
O varal, cunha inscrición na parte superior relativa a súa realización, é curto, recio e de sección oitavada con adornos de landras no seu inicio e remate.
O capitel pódese dividir en dúas partes estilisticamente semellantes, pero construtivamente moi diferenciadas, xa que mentres a inferior forma parte do varal, a superior, que tamén leva inscrición, fai un só corpo coa cruz. Ambas están formadas por unha variada serie de molduras curvas e rectas de diferente grosor.
Pegadas a unha cruz robusta e de sección cuadrangular van as figuras arcaizantes da Virxe da Soidade (esquemática, frontal, envolta nun amplo manto e coas mans cruzadas) e un Cristo morto e máis traballado, cun amplo e movido pano de pureza e baixo unha desenrolada cartela de INRI.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003080
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Orixinariamente estaba o carón da vella ponte medieval sobre o río Condomiñas, na entrada da vila. Posteriormente, levárono para o antigo cemiterio, ata que no 1968 foi trasladado ao seu actual emprazamento, presidindo, dende o alto do cantil, a entrada á ría de Cedeira, tal como se di no baseamento: LO MANDO CONSTRUIR EN EL AÑO DE 1746 / D. FRANCISCO DANIEL SOMOZA Y QUIROGA / PARROCO QUE FUE DE / CEDEIRA // SE RESTAURO POR INICIATIVA / DE LA JUVENTUD CEDEIRENSE / AÑO DE 1968.
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
BURGOA, J.J.: “Cruceiros y cruces de Ferrolterra”. Edicións Embora. 2001
BURGOA, J.J.: “Los cruceros de San Andrés de Teixido y sus caminos de peregrinación”. Cuaderno de Estudio Gallegos, Tomo L, Fascículo 116, Santiago 2003.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6636850845Lonxitude: -8.0699314177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2025
Engado a seguinte referenica web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1502207.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html