Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: Sésamo (San Martiño)
Lugar: Sésamo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa de San Martiño de Sésamo consta dunha soa nave e ábsida rectangular, apenas diferenciado da nave tan só pola anchura e maior altura, e que no interior tradúcese nun esvelto arco triunfal que permite o paso á sancristía. Esta igrexa do ano 1744 ten un aspecto sobrio e sinxelo á vez que mostra unha clara finalidade práctica, con espazos amplos que permiten seguir cómodamente os actos relixiosos e acoller maior número de fieis.
A fachada con perpiaño irregular á vista é de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular. Sobre o ingreso vai un pequeno oco rectangular de luz e, rompendo o vértice do pentágono, flanqueado por dous pináculos piramidais, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven para aloxa-las campás. O segundo un pequeno frontón triangular curvo rematado cun acroterio cunha cruz de pedra e flanqueado por dous pináculos moldurados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2731355529Lonxitude: -8.39011678651
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84