Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Sésamo (San Martiño)
Lugar: Sésamo, igrexario.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico con chafráns e unha mesa exenta. O varal é cadrado con chafráns soportando un capitel troncopiramidal invertido e moldurado. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados con botón central. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Corre serio risco de sufrir un accidente de tráfico dado que se sitúa na estrada, nun cruce fronte a igrexa parroquial. Estes cruceiros situados como este acaban por ser esnaquizados por algún accidente, de feito, a mesa estivo rota a finais dos noventa do século pasado sendo restaurado anos despois.


Onde está localizado

Latitude: 43.2730498477
Lonxitude: -8.38982619347
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84