
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería costeira B-3 Prior Alto
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Emprazamento para ametralladora antiaérea situada a fronte da segunda peza vickers 381 mm. e preto dun posto de observación. Consta dunha escaleira de acceso a cámara subterránea onde se almacenaba a munición e de onde subía outra escaleira onde se situaba un pozo para a ametralladora que consta dun anel con ocos, para guarnece a munición a empregar no momento, e un piar baixo onde ía ancorado a peza de artillería.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1926, durante a ditadura de Primo de Ribera, desenvolveuse un plan para modernizar a defensa costeira do arsenal de Ferrol. Dito plan contemplaba como novidade a construción de baterías antiaéreas que puideran defender as posicións artilladas de ataques aéreos. Nembargantes a súa profusión de superficies planas e ángulos rectos facíanas difíciles de ocultar. Tamén conta o feito de que os catro canóns estiveran tan preto entre eles polo que un disparo afortunado podería facilmente inutilizar os catro canóns deixando o resto da posicións desprotexidas polo que este tipo de bateria pronto quedaron obsoletas.
É por iso, que nos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial acometeuse a construción de novas baterías onde os canóns quedaban alonxados entre si e as suas dependencias quedaban ocultas baixo terra, ou ben posicións illadas para protexer a principais baterias.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A entrada está convertida nun vertedoiro que bloquea o acceso ao interior e o pozo do emprazamento está a ser cuberto pola maleza. Existe outro emprazamento pero non o dimos atopado por estar cuberto pola maleza.
Onde está localizado
Latitude: 43.5638951992Lonxitude: -8.31733167172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84