
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel, Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería Costeira de Prior Alto
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O emprazamento forma parte do conxunto de baterías do Grupo de costa B-3 Prior Alto xunto con outras baterias, antiaéreos, postos de mando e observación e unha base de proxectores. Foi o emprazamento para un canón Vickers mod. 1926 de calibre 38,1 cm. cunha lonxitude de tubo de 17,671 m. e 86 t. de peso, capaz de disparar obuses a 35.100 m. cunha cadencia dun disparo por minuto. No pozo, baixo terra, atópase a cámara de carga que a súa vez comunicaba coas salas de máquinas e almacéns. Todo iso protexido cunha coiraza de formigón. Este, máis o seu xemelgo, estaban vinculados a un posto de telemetría sobre os cantís, que enviaban os datos a central de tiro, mediante transmisores eléctricos, soterrada e con acceso subterráneo. Esta a súa vez daba os correspondentes datos ás pezas e orde de fogo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso, sobre todo en aviación.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5625552392Lonxitude: -8.31651091576
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84