Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería costeira B-3 Prior Alto
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Dentro do complexo de Batería costeira B-3 Prior Alto, atópanse estas dependencias soterradas onde se procesaban as medicións dos aparellos de telemetría co obxecto de dirixir os disparos da segunda peza do canón Vickers de 381 mm. situada no alto do cabo Prior. Esta posición está formado por tres dependencias cubertas con viseira dispostas de forma escalonada e aliñadas. Son de fabrica de cemento e armazón de ferro, cubertas de cachotería de cemento para a súa camuflaxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto contra embarcacións menores; baterías antiaéreas, un adianto para época; e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo, inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e a carreira armamentística que ela supuso, sobre todo en aviación.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra, a excepción da batería de Monte de San Pedro. No ano 2015 parte destas instalacións foron compradas polo concello de Ferrol sendo o seu futuro inda incerto.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5668111918
Lonxitude: -8.31471115351
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84