Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Fonte da Tella
Lugar:
Outra denominación do ben: Covas (San Martiño)
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Base subterránea para proxectores destinada a iluminación nocturna dentro do complexo da batería de Cabo Prior.
Baixando aos cantís de punta Xarrido, ao final do camiño, vemos unha entrada flanqueada por dous habitáculos destinados a tropa. De fronte estendese un túnel cavado na rocha esténdese trazando unha curva. Ao final da curva o túnel ábrese en tres brazos, un que continua en liña recta e os outros dos de forma perpendicular, con carrís no chairo para desprazar o proxectores e protexelos da intemperie. Os tres brazos continúan ata abrise ao exterior nas paredes dos cantís. Deste xeito temos tres postos de combate para os proxectores un ao norte, outro ao norte dominando o mar aberto, e o derradeiro ao sur cubrindo a praia de Doniños. Na metade do túnel principal, vemos a man dereita outro habitáculo amplo con cuberta de bóveda de canón, supoñemos que ía destinado ao grupo electróxeno que abastecía de luz e electricidade o complexo. A carón deste habitáculo, no túnel principal, hai un túnel de servizo que sube verticalmente a un posto de mando no cumio do promontorio do cabo. O posto de mando está formado por un habitáculo de formigón con viseira cuberto de cachotes de granito.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro, con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto, baterías antiaéreas -unha adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5 km. Convertendo a costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento e sobre todo en aviación que supuxo este conflito.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que pasou a mans do concello de A Coruña, quedando o resto abandonados.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.56008398Lonxitude: -8.32446098328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84