Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería costeira B-2 Prior Norte
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Encadrada dentro do complexo Batería costeira B-2 Prior Norte. Esta sección consta de catro barbetas aliñadas e mirando ao norte sobre as que ían montados os canóns Vickers de 15,24 cm., debaixo deles, e baixo a cota de terra, estaban as dependencias para os polvoríns, o ascensor para elevar a munición ata os canón e o grupo electróxeno que facía funcionar tódolos mecanismos. Entre as dúas derradeiras barbetas hai un túnel que leva a tres postos de mando de formigón cubertas con viseiras onde ían aloxadas os instrumentos de medición e dirección de tiro.
Detrás de esta batería están o acuartelamentos e dependencias para os soldados do complexo. Monte arriba hai máis instalacións que inclúen as baterías de canóns maiores e de longo alcance, postos de telemetría, baterías antiaéreas illadas e unha monolítica tamén antiaérea así como un posto de proxectores que se abre sobre os cantís.
Hoxe en día non se conservan os canóns nen outro elemento accesorio.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto coma a que estamos a falar, baterías antiaéreas -un adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. Convertendo á costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que paso a mans do concello.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004. P. 122
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5680523643Lonxitude: -8.31243395806
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84