Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Cruceiro,
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: Salcidos (San Lourenzo)
Lugar: A Cruz
Outra denominación do ben: Cruceiro de Aghosto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Portalón de aceso a unha propiedade privada. O conxunto posúe dous elementos destacados:
* Un lintel pétreo decorado cunha curiosa inscrición na que se ve unha muller e un touro que tira do arado. Tamén aparece un animal de difícil catalogación.
No lintel aparece o ano da súa feitura: “AÑO 1727”
* Un cruceiro, do que podemos ver o varal de sección cilíndrica cunha imaxe dun Papa. O capitel moldurado, moi erosionado, da paso a unha cruz potentada na que aparece a imaxe de Cristo crucificado.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
A tradición lle da o nome de Cruceiro de Aghostose polas rogativas que se facían neste mes por causa da seca dende a Igrexa parroquial de Salcidos ata este cruceiro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360230305.html
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.902644113Lonxitude: -8.85310436191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84