Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Grove
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre unha base cúbica coas arestas rebaixadas. O seu varal posúe unha primeira sección cúbica na que se representan os elementos da Paixón: escada, tenaces, … o resto do varal ten sección octogonal.
A continuación o capitel decorado con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos seus catro lados.
O conxunto remata nunha cruz na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e acompañado dunha imaxe que lle bica a chaga do peito. No reverso a imaxe da Virxe das Angustias coas dagas cravadas no peito. A Virxe apoiase sobre unha peaña.
Un dos brazos da cruz aparece fracturado.
O cruceiro foi trasladado na década dos anos 50 do século pasado ata a súa ubicación actual. Anteriormente situábase na capela de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/98292/2018/01/capela-de-san-roque-18/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM Concello de O Grove – Documento para aprobación inicial 2014 (Ficha ET/273)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360220106.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4892544557Lonxitude: -8.86877775192
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84