Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Grove
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cúbica coas arestas lixeiramente rebaixadas. O varal arranca en sección cadrada para continuar en octogonal. Na súa metade posúe unha imaxe sobre unha peaña que leva mitra e caxato.
O capitel, decorado con motivos vexetais moi erosionados, da paso a unha cruz de sección cadrada coas arestas interiores rebaixadas. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

Este cruceiro atópase no interior da finca do Pazo do Sineiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/98284/2018/01/pazo-do-sineiro/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de O Grove – Documento para aprobación inicial 2014 (Ficha ET/52)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360220115.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4890244659
Lonxitude: -8.86825069785
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84