Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería costeira B-2 Prior Norte
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Entre as pezas 3 e 4 da batería costeira B-2 hai un túnel que nos leva a estres tres postos de observación sobre os cantís de cabo Prior mirando ao norte. Tratase de diversos habitáculos de observación cubertos con viseira de fabrica de cemento e vigas de ferro. A súa vez estaba cubertos con cachotería de granito camuflalos na paisaxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Durante o goberno de Primo de Rivera, fíxose patente modernizar o sistema defensivo de costa para protexer o arsenal de Ferrol. Por mor disto, deseñouse a aprobouse un plan de defensa costeiro en xullo de 1926 con catro puntos fortes en Campelo, Prior, Prioriño e San Pedro con canóns de 381 mm. con alcance de 35 km., acompañados por outras baterías de 15 cm. para defensa de preto coma a que estamos a falar, baterías antiaéreas -un adianto para época- e bases de proxectores para iluminar o mar durante a noite con proxectores de 90 cm. e de 150 cm. capaces de iluminar o mar a unha distancia de 5km. Convertendo á costa de Ferrol nunha das posicións máis e mellor artilladas do mundo inda que estas instalacións pronto quedaron obsoletas coa chegada da Segunda Guerra Mundial e os avances en armamento.
A maioría destas bases foron abandonadas durante os anos 80 e os seus canóns desarticulados, vendidos como chatarra e uns poucos enviados para conservación e exposición. A excepción da batería de Monte de San Pedro que paso a mans do concello.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5679597607
Lonxitude: -8.31155955791
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84