Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben: Fonte de San Francisco, Fonte do Pinar
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Situada no piñeiral de San Francisco,enfronte da antiga salgazón do Caldeirón. Aproveitouse a auga da vella fonte “a de Chiquillo” que se atopa xusto detrás e quedou sen uso debido a espesura da vexetación e a terra. Recentemente foi restaurada cambiándoselle o frontón antigo por un novo do que saen dous tornos,o maior de eles sen funcionamento, quedando outro, ao cal púxoselle un temporizador de pulsador, a auga cae nunha pía feita con varias pedras de cantería. Carece totalmente de valor arquitectónico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7588324058
Lonxitude: -9.07551169395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84