Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: O Grove
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove - Praza de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica coas arestas rebaixadas da paso a un varal coa primeiro sección cadrada e o resto en octogonal. Na súa metade podemos ver unha imaxe sobre unha peaña.
O capitel tipo xónico está decorado con volutas e rostros de anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección octogonal e brazos potentados na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM Concello de O Grove – Documento para aprobación inicial 2014 (Ficha AT/10)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360220105.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4946983107Lonxitude: -8.86522114277
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 16, 2018
Imaxe do varal.