
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte con pía inferior de cantería que ocupa o centro da pequena Praza da Fanequeira. A gran columna central ten, en cada un dos seus catro lados, canos para verter auga nunha gran pía cos seu lados lixeiramente ovalados no punto medio, onde van colocados dous ferros que comunican co corpo da columna para apoiar as sellas ou outros recipientes de transportar a auga. A columna remata na parte superior nunha gran copa a modo de escultura. A pía quedou destruída nunha operación urbanística que só contemplaba á fonte como motivo decorativo, pola que deixaron a columna central a modo de escultura desprovista da súa función orixinal. Foi restaurado fai poucos anos e volveu a ter un carácter urbano singular.
Como dato histórico dicir que en sesión do 30 de maio do ano 1856, varios concellais fan a proposta que é aprobada: “que la citada fuente de la Plaza se tralade a la de la Fanequeira por ser el lugar más apropiado”. Case un ano máis tarde hai queixas sobre a execución da obra:..”porque son repetidas las quejas de los vecinos contra el contratista Don manuel Rodriguez, quien la tiene pendiente aún y sin que las aguas corran por ella según debieran,en perjuicio del público”.. A obra vai tardar aínda bastante tempo en levarse a cabo, sendo incluso necesario o cambio de mestre de obra e a inversión suplementaria de 3.300 reais sobreo presuposto inicial.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
García Vidal , Pedro. A Noia da Memoria. Pasado e presente dun casco histórico. Evolución urbana. Edita Concello de Noia. 1991. ISBN. 84-87879-01-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA006.pdf (páxina 2 de 9)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78229523545079Lonxitude: -8.887901902198792
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




