
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Brión
Lugar: A Cheira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Petróglifos situados á beira da estrada forestal na (na outra banda da estrada hai unha canteira abandonada) nun penedo situado na parte baixa, entre dúas pequenas elevacións do terreo. O penedo está cuberto de silvas e toxos e entre unha plantación de eucaliptos, non se pode ver toda a pedra. Na súa parte alta hai pequenas covas circulares, vense varias pero podería haber máis nas zonas cubertas pola maleza. Son ocos dus 10 a 15 cm de diámetro e de 5 a 10 cm de profundidade.
O petróglifo é o único que hai en Ferrol (que se teña localizado) xunto co de Chamorro. Debeu ser localizado a finais dos anos 90 (os de Chamorro atopáronse a principios dos 90). Ata entón pensábase que non había petróglifos en Ferrol.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15036015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Pódese ver a ubicación nos mapas da xunta http://mapas.xunta.gal/visores/pba/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4745935116Lonxitude: -8.27356338501
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84