
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O campo de mámoas de Rañalonga está composto por un total incerto de túmulos que van desde os 18 que veñen recollidos no PXOM do concello de Brión do ano 2003, ata 21 localizados fisicamente no desenvolvemento do traballo feito polo I.E.S. Castelao (Vigo) durante o curso 2007-2008. No libro editado sobre o traballo da necrópole sinalan que algunhas aínda non están catalogadas. Non obstante quedaron sen descubrir outras cinco que, desde o ano 1986, figuran catalogadas como tales nos arquivos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio.
Esta Mámoa do Foxo II pertencería ás non catalogadas e dentro das chamadas “mámoas do oeste”, e non estaría tampouco recollida no traballo citado. É unha das máis grandes de Rañalonga xunto coa mámoa do Foxo I. Ten un diámetro aproximado de 24 m . e una altura de 2.3 m. Presenta un cono de profanación moi colmatado con follas dos carballos que lle medran no túmulo o que a fai moi apreciable do terreo da contorna próxima , non se aprecian restos de dolmen. Esta mámoa, xunto coa do Foxo I a 60 m. ao oeste están aillada dos outros grupos que forman a necrópole de Rañalonga.
O campo de mámoas do chan de Rañalonga está nunha extensa paraxe que se estende na parte alta do concello de Brión, entre as estradas locais dos Ánxeles a Luaña e de San Fins de Brión a Mourentáns. Por estar localizadas estas ao longo do chamado Camiño do Francés, dedúcese que debeu ter esta vía una gran importancia ao longo da historia. Segundo testemuñas, o tráfico pola Camiño Fránces era incesante ata hai pouco tempo entre os lugares de Urdilde, Negreira e Brión e servindo de transición entre as terras baixas da Amaía e as altas da Luaña.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8656674363Lonxitude: -8.71410548687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84